CRTVG

Buscar

Papuchi, condenado por abuso de menores, non irá ao cárcere ata que haxa unha sentenza firme

Publicado o 06/06/2019 14:39

En liberdade o hostaleiro vigués condenado a 36 anos de prisión por abusar supostamente dunha vintena de menores.

Trátase da condena máis alta imposta en Vigo por este tipo de delitos. A Sección Quinta da Audiencia rexeitou o ingreso no cárcere do hostaleiro coñecido como Papuchi, ata que haxa unha sentenza firme, en contra do que solicitaban a Fiscalía e os pais de varios menores. Ademais, mantén unha fianza de 30.000 euros, que o home xa depositara para saír de prisión antes do xuízo. Aínda que o hostaleiro está condenado a 36 anos de cárcere, cumpriría unha pena efectiva de 12 anos, se se ratifica a pena en apelación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019