CRTVG

Buscar

Pape Cheikh, presentado como novo xogador do R.C. Celta

Publicado o 19/08/2019 21:57

O futbolista, de 22 anos de idade, chega do Olympique de Lyon en calidade de cedido con opción de compra para reforzar o centro do campo celeste

• Miñambres ve difícil a volta de Nolito

• Felipe Miñambres: "Non foi a mellor rolda de prensa de Escribá"

Pape Cheikh foi presentado en Balaídos, malia que xa disputou uns minutos esta sábado no partido contra o Real Madrid. O canteirán amosouse feliz de volver á casa e afronta o seu regreso ao Celta coa ambición de clasificar o equipo para Europa. Tamén se referíu á súa posición no campo: 
"Convencer non facía falla porque xa estaba convencido de que o que quería era volver á casa."Podo xogar aí, xoguei moitas veces aí, pero si que é verdade que son un xogador máis dinámico ao que lle gusta moito chegar á área, volver, axudar a defender, atacar. O obxectivo, coma todos os anos, é chegarmos a Europa, como tentaron o ano pasado e sempre. Para iso vin aquí", sinalou Pape.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí