Pape Cheikh: "O único que nos falta dende que chegou Óscar son os goles"
Preséntase un partido crucial este domingo para os intereses do Celta. Enfrontamento contra un rival directo ao que interesa deixar con terra de por medio. Os vigueses visitan o pechacancelas: o Leganés. A esta hora a grande icógnita está na portería. Rubén adestrouse con aparente normalidade. Podería recibir a alta médica nas vindeiras horas. Pape Cheikh asegura que o único que lle falta ao equipo para engalar son os goles: "Ao equipo dende que chegou Óscar só lle faltan os goles porque vexo o equipo bastante ben en todas as fases e os goles estou seguro quen van chegar", di o mediocentro
Pape, que vén sendo titular dende a chegada do novo técnico, recoñece que os encontros contra equipos pechados coma o Leganés lles están a resultar complicados: "Son equipos que se meten atrás defendendo para atacar. Si que é máis complicado xogar con eses equipos, pero creo que aprendemos iso do partido co Valladolid e o domingo non creo que isto nos pase. Chegaremos con moitas máis ganas e estou seguro que imos sacar os tres puntos"