Paola Ferrari, de inimiga a aliada do Ensino en menos de 24 horas
Publicado o 25/10/2021 21:49
O Durán Maquinaria Ensino foi onte a Tenerife e, ademais dunha vitoria moi meritoria, trouxo unha fichaxe. Paola Ferrari, escolta uruguaia de 36 anos, que onte era rival coa camisola do equipo canario, e hoxe xa viaxaba coas súas novas compañeiras do Ensino. Chegaba este mediodía ao aeroporto da Lavacolla e confesaba que se sentía moi rara, non é para menos, cambiar de equipo en apenas 24 horas. Iso si, profesionalidade ante todo.