Pantín Classic, o maior evento do surf de Europa
Publicado o 27/08/2019 16:01
Nos próximos dez días, Galicia será o epicentro mundial do surf, con máis de 350 deportistas de todas as nacionalidades. Melloran os premios e por vez primeira a Pantín acolle unha proba para o Mundial de Longboard. O ano pasado, máis de 100.000 persoas gozaron deste evento.
Todo listo para o arranque da Pantín Classic, coa praia literalmente tomada polos surfeiros.
E entre os grandes do surf, algún galego consagrado, coma Gony Zubizarreta, e outros que buscan un oco.
En Pantín, de aquí ao 7 de setembro pode pasar de todo.