CRTVG

Buscar

Pantallas e parodias no Corredoiro de Xinzo

Publicado o 16/02/2020 22:01

En Ourense temos entroidos a esgalla e para todos os estilos. Para rir, Xinzo. Pero teñen que vir vostedes coas noticias máis virais aprendidas. Xa se sabe, en Xinzo fan rotondas en segundos.

Ninguén escapa á sátira. Xornalistas, políticos, antiespecistas...

E puidemos gravar o segundo morto por coronavirus en Europa. Desculpen, os limiaos somos tamén de humor negro. E verde.

Parodia, desmesura, charangas, gozo. É o Entroido de Xinzo. E engancha dende a primeira infancia.

Se por algo é especial o Corredoiro é porque saen as Pantallas. A emoción contida durante un ano.

Quizais sexa un espírito estraño o que se mete no corpo dos entroideiros e as entroideiras para que poidan esquecer por uns días que a vida non é un carnaval.

Noticias web

16/02/2020