'Pantallas', libro de poemas de Celia Parra
"'Pantallas' é un universo futurista, unha distopía ambientada nun futuro moi afastado, pero que ten o seu reflexo na sociedade actual, é un espello".
"O principal foi reflexionar sobre como a imaxe e o uso que facemos dela, e as redes sociais e o uso que facemos delas, moldean a nosa forma de comunicarnos e de autorrepresentarnos e crear a nosa identidade".
"A imaxe é unha moeda con dúas caras opostas, por unha parte é un reflexo da realidade e como tal nunca será capaz de substituií a realidade, pero por outra parte, en tanto reflexo é manipulable e pode valer para embelecer a realidade en si".
"Eu creo que a videopoesía vive un bo momento en Galicia e, de feito, é un dos lugares clave da videopoesía a nivel internacional. Vive un bo momento desde a perspectiva de uso nos colexios e universidades para atraer novos lectores á poesía".