Pánico nun voo de Evelop ao perder cen metros de altura en segundos por turbulencias
A sacudida produciuse dúas horas e media despois de engalar. A caída debeuse, segundo informa a compañía, a un episodio de turbulencias de aire claro, que adoitan producirse a unha altura en que as nubes non son indicativas de remuíños e por tanto resultan difíciles de prever. Antes de sufrir a forte sacudida, segundo Evelop, o piloto avisou das turbulencias e ningún dos pasaxeiros feridos levaba o cinto posto.
De repente notei como o avión caída cara abaixo, eu subín cara o teito e volvín baixar ao chan golpeándome con todo. E xa comecei a escoitar berros. A xente estaba voando polo ar, a xente estaba no chan, mochilas polo chan. Ademáis era un vo con moito nenos e tamén os rapaces berrando. Moitos claro pois, iban sen o cinto posto.
Carlos Sanjosé Vicedecano do Colexio Oficial de Pilotos de Aviación Comercial: Os movementos verticais do avión no ar pois coñecémolos os pilotos e os contraladores e tampouco é moi relevante. O importante sempre é a seguridade dos pasaxeiros e para iso é moi importante que se sigan as normas de seguridade dos avións.
O piloto pediu ao control aéreo que activasen o dispositivo de atención médica para a aterraxe, que fixo sen problemas. O persoal sanitario valorou a 16 viaxeiros e derivou a 13 deles aos hospitais. Todos recibiron xa o alta.