Pánico na Arxentina pola epidemia de febre amarela no Brasil
A epidemia de febre amarela que sofre O Brasil está a provocar pánico ao contaxio entre os arxentinos. Temen que a alta circulación de turistas entre ambos países en pleno verán austral reintroduza a febre amarela na Arxentina.
Longas ringleiras de xente nos centros de saúde arxentinos para vacinarse contra a febre amarela que asola Brasil, con máis de 820 casos confirmados e case 300 falecidos.
Segundo os expertos, a alta circulación de turistas entre ambos países en pleno verán austral podería reintroducir a febre amarela na Arxentina, que ten un "risco medio" de sufrir un brote xa que conta co mosquito transmisor, o mesmo que causa o zika ou o dengue.
Ata o momento non existe ningún caso confirmado no país austral, pero a psicose ante un posible contaxio é tal entre a poboación que as autoridades sanitarias xa fixeron un chamamento á cautela ante esta demanda irracional para evitar por en risco a dispoñibilidade da vacina para quen realmente a necesite.
Namentres, o Goberno ampliou o servizo con postos móbiles coma este que teño as miñas costas para satisfacer a alta demanda, pero remarcan que só deben recibir este inxectable quenes viaxen ás áreas do Brasil afectadas pola enfermidade.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí