CRTVG

Buscar

Pancho Casal apoia as demandas dos habitantes de Ons

Publicado o 06/07/2020 21:13

Tras visitar pola mañá o porto de Vigo, Pancho Casal completou este undécimo día de campaña con dúas reunións veciñais en Pontevedra e Bueu. Neste último concello, o candidato da Marea Galeguista expresoulles o seu apoio aos habitantes da illa de Ons que reclaman a recuperación da propiedade das súas vivendas familiares, así como a revogación das limitacións de mobilidade establecidas a raíz da inclusion de Ons no Parque Nacional das Illas Atlánticas.


 

Noticias web

06/07/2020