CRTVG

Buscar

Panadarías e quioscos abren nun Venres Santo de supermercados pechados

Publicado o 09/04/2020 18:37

Panadarías, pastelarías, churrerías, quioscos, así como os establecementos dedicados á venda de combustible e carburantes poderán abrir este Venres Santo en Galicia, xornada que a Xunta decretou como non hábil para que pechen os supermercados e demais tendas de alimentación co fin de que o persoal desta actividade esencial poida descansar. 

Segundo lembrou a Consellería de Economía, continúan con liberdade para abrir aqueles establecementos que dispoñan dunha superficie útil para a exposición e venda a público de ata 300 metros cadrados que teñan a consideración de pequena ou mediana empresa cuxa actividade comercial non se atope suspendida polo estado de alarma.   

Noticias web

09/04/2020