Pamplona vive un 6 de xullo más atípico sen 'chupinazo' do San Fermín
Publicado o 06/07/2020 19:20
Oficialmente este ano non hai San Fermín, pero o espírito da festa segue vivo. A praza do concello de Pamplona amenceu hoxe pechada. Só se permitía o acceso por tres entradas coa máscara posta. Pero pouco a pouco foise enchendo de xente. Minutos antes do mediodía completouse a ocupación de 400 persoas e pechouse a praza.
Non houbo o tradicional chupinazo. No balcón do concello despregouse un pano vermello lembrando que a festa volverá cando pase a pandemia. E por uns minutos ata parecía que había festa. Hoxe e mañá a policía vixiará as rúas onde normalmente hai máis afluencia de persoas para evitar as aglomeracións.