Pamplona podería quedar sen San Fermín por segundo ano consecutivo
Publicado o 02/02/2021 21:26

A presidenta de Navarra augura que este ano non se poderá celebrar o San Fermín por culpa da pandemia. A decisión semella estar tomada, aínda que o alcalde de Pamplona di que é unha competencia súa decidir se se manteñen as festas ou se, como sucedeu o ano, pasado, hai que suspendelas. De momento non hai nada oficial.
O Goberno de Navarra cre pouco probable que para o 7 de xullo poida haber inmunidade de grupo en España.