CRTVG

Buscar

Pamplona pecha o San Fermín cunha denuncia de agresión sexual

Publicado o 14/07/2019 21:16

No remate das festas de San Fermín deste ano soubemos que o Concello de Pamplona abriu unha investigación tras unha denuncia de agresión sexual. Houbo outras dezasete denuncias por abusos e tocamentos e os colectivos feministas convocaron esta tarde unha concentración en que pediron un maior control.

O alcalde, Enrique Maya, asegurou que hai xa unha investigación aberta e recoñeceu que a posible agresión sexual se produciu o primeiro día das festas. A oposición critícao por mantelo oculto ata hoxe mesmo e os colectivos feministas de Pamplona responderon cunha concentración para pedir das autoridades un control que garanta a seguridade das mulleres.

"Estamos fartas de que sucedan este tipo de agresións en festas e non estamos dispostas a toleralas".

As feministas salientan que neste San Fermín houbo outras dezasete denuncias por abusos e tocamentos, tanto en espazos abertos coma en ámbitos de confianza das mulleres. Chega todo isto horas despois de que os operarios traballasen en devolverlle a normalidade á cidade, tras os oito encerros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019