CRTVG

Buscar

Os países da UE comezan a reabrir as fronteiras

Publicado o 15/06/2020 15:08

Algúns países da Unión Europea reabriron hoxe as súas fronteiras para os socios comunitarios, tras case tres meses de restricións á mobilidade. Así o recomendou a propia UE, e así o fixeron países como Alemaña, Bélxica, Francias ou Grecia, que xa restableceron, con algunhas excepcións á libre circulación cos estados do espazo Schengen.

 Austria fará o mesmo a partir da medianoite e Grecia vai mais aló e invita a viaxeiros de países non europeos, como Australia, Nova Zelanda, Xapón, Corea do Sur ou China a visitar o país.

Outros países como Italia, Croacia ou Polonia xa abriron as súas fronteiras uns días antes.

Aalgúns países, como Francia ou Alemaña, aplicarán o principio de reciprocidade; é dicir, non aceptarán viaxeiros de países que impoñan restricións. Polo tanto, dende España non se poderá viaxar a estes países sen ter un motivo xustificado; unha situación que se manterá ata o 21 de xuño, que é cando o Goberno español ten previsto abrir as fronteiras. A mobilidade con Portugal terá que agardar ao 1 de xullo.

 

Noticias web

15/06/2020