CRTVG

Buscar

Pais e paseantes piden praias, portos e parques libres de tabaco

Publicado o 07/01/2019 18:01

"Canto máis se prohiba fumar, mellor, non debería fumar ninguén".

É unha das opinións máis radicais, pero, igual ca este, moitos cidadáns prefiren espazos libres de fume cando están ao aire libre, sobre todo se hai nenos ou menores cerca.

"Eu prefiro que fumen en locais específicos a que vaian fumando pola rúa ou polo parque, porque vas andando, levas unha persoa que vai fumando diante de ti e vas cheirando, eu escapo".
"Pode molestar. Eu creo que non se debería, sobre todo habendo nenos", son outras das opinións que escoitamos na rúa.

Para os menos belixerantes, a solución podería ser reservar espazos para fumadores dentro dos parques ou dos areais.

De momento, xa hai en Galicia unha rede de praias sen tabaco e catro portos libres de fume.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019