CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Pais e fillos aprenden a compartir a internet

Publicado o 16/11/2013 14:46


A Internet converteuse nunha barreira xeracional. Os temores dos pais cara aos dispotivos móbiles contrastan coas ansias dos menores por se incorporar a unha realidade da que forman parte.

Unha nena de doce anos conta que non anda moito poque os seus pais non lle deixan pero os seus amigos si. Confesa que lle gustaría relacionarse máis cos amigos a través da internet. Coa mesma idade, outro neno explica que cando usan a internet, os pais lle preguntan porque non se fían. Entende que é porque non o coñecen ben e iso lévaos a querer controlar máis.

Pais, nenos e adolescentes aprenden hoxe en Santiago a normalizar a convivencia na rede. Os profesionais de Pantallas Amigas, unha fundación que promove o uso seguro das novas tecnoloxías, recoméndalles aos adultos acompañar os fillos nos primeiros pasos na internet, sen se opor a un mundo que lles é propio. Basta, din, co sentido común.

Un rapaz explica que aos seus pais non lles gusta que pase moito tempo co ordenador e compara o seu uso de internet co que os seus pais puideron facer de pequenos con outras actividades.
O fundador de Pantallas Amigas, Jorge Flores, recoméndalle aos pais non amosarse inimigo dese mundo senón ser permeables e compartir espazos, que non intimidades, creando o caldo de cultivo preciso para que pidan axuda se é necesario.

Nesta xornada de nais e pais educando en igualdade, organizada pola secretaría xeral de igualdade, alértase ademais sobre os comportamentos sexistas que se perciben na rede e que poden saltar ao outro lado da pantalla.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí