CRTVG

Buscar

Pais do instituto de Brión durmirán no centro para esixir máis profesores

Publicado o 14/09/2018 17:50

Un grupo de pais e de alumnos do Instituto de Secundaria de Brión acordou durmir no centro educativo ata que a Consellería de Educación aumente en tres o número de profesores. Dimitiu a dirección do centro, pero a Inspección entende que se cumpre a media de alumnos por aula.

Pais e alumnos do instituto de Brión manifestaron xa en xullo que se precisaban máis profesores. Aumentou a matrícula en trinta e un alumnos, e creouse un novo grupo en primeiro da ESO, pero hai un grupo menos en cuarto da ESO, onde sesenta e un alumnos se distribúen en dous grupos.

Chegaron sete profesores novos, pero os pais cren que non se poderá atender ben os de terceiro e cuarto da ESO, que terán dificultades de convivencia e non recibirán todas as optativas posibles. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018