CRTVG

Buscar

Pais de nenos con enfermidades oncolóxicas crean a asociación Bicos de Papel

Publicado o 05/10/2017 22:38

Bicos de papel, como os que dan e reciben os nenos con enfermidades oncolóxicas a través das máscaras que levan. Así bautizaron a asociación dos pais destes pequenos ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Naceu co obxectivo de apoiar as familias dende o momento do diagnóstico e de loitar porque a vida dos pequenos sexa o máis parecida posible á de calquera outro neno da súa idade.

Unha das súas liñas de actuación é o proxecto Sorrisos que busca crear un calendario de actividades lúdicas para os nenos ingresados. Os sábados pola mañá teñen contacontos e o próximo día 20 irán de visita ao zoo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017