CRTVG

Buscar

Bos días

Pais de alumnos do instituto de Sant Andreu de la Barca denuncian acoso aos fillos de gardas civís

Publicado o 06/10/2017 09:29

Alumnos do instituto de Sant Andreu de la Barca, no Baix Llobregat, concentráronse para pedir respecto para os fillos de gardas civís. Segundo algúns testemuños, dous profesores recrimináronlles o luns pasado aos menores a actuación das forzas de seguridade o día 1. Uns feitos que, pola contra, negan os pais doutros alumnos.

O instituto de Educación Secundaria El Palau está situado a poucos metros do maior cuartel da Garda Civil de Cataluña. Nos últimos días, algúns pais denunciaron que os fillos de gardas civís estaban sendo acosados. E refírense sobre todo ao suposto comportamento de dous profesores o día dous de outubro.

Uns feitos que negan outros pais de alumnos, que mesmo acusan os fillos dos gardas civís de insultos e provocacións.

"Todo iso é mentira", di este pai.

Nun comunicado publicado na web do instituto, o claustro de profesores manifesta que sempre velou pola perfecta convivencia da súa comunidade educativa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017