CRTVG

Buscar

Juan Carlos Quer reúne tres millóns de sinaturas pola prisión permanente

Publicado o 21/03/2019 16:38

3.200.000 sinaturas cunha mensaxe clara: non á derrogación da prisión permanente revisable. 

 "Hoxe acudo ao Congreso co apoio de 3,2 millóns de sinaturas de cidadáns de dereitas, de esquerdas e de centro porque a protección dos nosos fillos, das mozas e da muller non debe obedecer a cuestións ideolóxicas, senón ao sentido común", afirmaba esta mañá Juan Carlos Quer. 

O pai de Diana Quer lembra que segundo as últimas enquisas, 7 de cada 10 españois están a favor do mantemento da prisión permanente revisable. Mensaxe para os partidos que hai un ano impulsaban no Congreso a derrogación desta pena, especialmente o Partido Socialista, Podemos e o Partido Nacionalista Vasco. 

"Eu rogo a todos os cidadáns españois, á marxe de calquera ideoloxía política, que tras as xuntanzas que manterei cos partidos políticos máis importantes que obren en consecuencia e que miren os seus fillos antes de depositar o seu voto nas urnas" dixo Juan Carlos Quer, quen tamén se referiu á petición por parte da defensa do Chicle dunha condena de dous anos e medio para o autor confeso da morte de Diana: "Imaxínese valorar a vida dunha rapaza en dous anos e medio". Quer agarda unha sentenza exemplar. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/03/2019