CRTVG

Buscar

Page e Puig propoñen abrirse a coalición con Unidas Podemos no prazo dun ano

Publicado o 09/09/2019 08:06

Entre os dirixentes territoriais do PSOE que se amosan partidarios de abrir a porta do Consello de Minitros a Unidas Podemos tras o prazo mínimo dun ano están o manchego García Page ou o valenciano Ximo Puig. Argumentan que os de Iglesias deberían apoiar os presupostos e ir gañando co tempo a confianza perdida tras a investidura frustrada do 25 de xullo.

Á cabeza das negociacións, Carmen Calvo negaba onte que a posibilidade dun goberno de coalición estea sobre a mesa: "Non é posible. Mire, unha das persoas que se sentou on outro día á reunión da negociación propón un goberno de concenración soberanista para Cataluña", aseverou.

Non houbo contactos esta pasada fin de semana entre as dúas delegacións negociadoras. Os de Podemos insistiron na fórmula da coalición, pero desde o Goberno ven aínda posibilidades para o entendemento.

Mentres, o Congreso retoma a actividade co terceiro pleno, o primeiro ordinario, desde a súa constitución no mes de maio e coa incógnita de se pode ser o último se finalmente non se logra esta semana un acordo para a investidura.

Ante a negativa de Ciudadanos a integrarse en España Suma, o PP xa fai un chamamento a concentrar o voto na sua papeleta: "E se hai un portazo para facelo como coalición teremos que apelar a que os españois unan nas urnas os que os políticos de xeito irresponsable non son quen de unir nas papeletas", advertiu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019