Pagan con billetes falsos en bares de Paradela
Publicado o 04/10/2019 13:01
Pagan con billetes falsos en dous establecementos da vila luguesa de Paradela aproveitando o alboroto do día das festas. Os billetes eran de 50 euros. A falsificación era tan boa que non se decataron do calote ata minutos despois, cando o presunto estafador xa marchara.
A Garda Civil xa investiga o caso e se ten relación con outro que aconteceu hai un mes. Daquela, o hostaleiro deuse de conta de que o billete era falso porque non contaba coa cinta magnética.