CRTVG

Buscar

Padrón sobe dous chanzos ata o nivel alto de restricións polo incremento de contaxios

Publicado o 02/05/2021 20:31

A feira dominical de Padrón foi este Día da Nai un bulir de vida. Moita mercadoría e tamén bastantes visitantes e compradores. 

"Eu hai moito tempo que non viña a Padrón, con isto da pandemia, pero aproveitei que é o Día da Nai e vin dar unha volta. Hai moitísimas cousas e vese vida", explicaba unha muller.

O concello, porén, pasa esta medianoite do nivel medio-baixo de restricións ao alto. Mentres estea nel, non veremos, por exemplo, no mercado dos domingos atraccións de feira, un sector que sumou meses de parada.

A hostalería do concello tamén volverá sufrir o peche dos interiores. Só se lle permitirá atender en terraza e ao 50 %.

Padrón sobe dous chanzos as limitacións tras multiplicar os seus positivos. En 14 días descubríronse 25 casos, 20 deles na última semana. Cunha poboación de menos de 8.400 veciños, implica unha incidencia acumulada de case 300 infectados por cen mil habitantes.

Máis sobre Padrón