Padrón, Rois, Vedra e Val do Dubra, baixo a lupa do comité clínico pola súa alta incidencia
Publicado o 30/12/2020 16:19
Con pouco máis de 8.000 habitantes, Padrón está hoxe baixo a atenta supervisión do comité clínico. Na capital da comarca do Sar levan tempo vendo como as bisbarras do arredor ían asumindo restricións. Primeiro ao sur, O Salnés, despois ao norte, Santiago, e agora ao oeste, as comarcas da Barbanza e de Noia pasaron a formar parte da listaxe de concellos perimetrados.
O propio feito de quedar coma unha das poucas vilas abertas na zona, reavivou o papel de Padrón como polo comercial. E ese aumento da mobilidade, din os veciños, pode ser a causa da repunta.
O concello lindeiro de Rois, e os de Vedra e Val do Dubra, todos con incidencias altas, forman parte agora dos municipios en especial vixilancia.