CRTVG

Buscar

Padrón prepárase para aliviar as restricións tras reducir os contaxios

Publicado o 21/05/2021 14:22

En Padrón prepáranse xa para abandonar o nivel máximo de restricións en que levan desde o pasado 9 de maio. A evolución favorabe sitúa a incidencia acumulada a 14 días en 155 casos por cada 100.000 habitantes polo que o concello entrará esta media noite en nivel medio.

Moitos locais de hostalería permanecen pechados, mentres outros se preparan xa para retomar a actividade. Nesta ocasión xa ata a unha da mañá.

Co abandono do nivel máximo de restricións recupérase tamén a mobilidade polo que a vila retomará o balbordo habitual silenciado durante estes 14 días. A entrada no nivel medio permitirá tamén retomar as reunións entre non conviventes.

Noticias web

21/05/2021

Máis sobre Padrón