CRTVG

Buscar

Padrón mellora os datos de contaxios e espera aliviar as restricións

Publicado o 19/05/2021 15:10

"Moi triste, esperemos que esta semana nos saquen xa disto", pedía unha veciña de Padrón. Mesas e cadeiras das terrazas amontoadas, e en xeral moi pouca xente neste día solleiro polas rúas de Padrón. Os que se animaron a saír tiñan un só tema de conversa.

 "É a conversa de todos os días, non hai nada máis que facer", "E que a reunión debería ser onte, sempre a fan os martes", falaban outras. Mari Cruz é unha das poucas hostaleiras que decidiu abrir para servir cafés.

" Estás aquí, nin perdes todo, nin taladras a cabeza porque estar na casa pensas demasiado, e isto está pesando moito", apunta ​Mari Cruz Arca, hostaleira.

Hoxe o café na rúa prestaba, fartos xa de tanta casa. "Moita tristura estar así tanto tempo na casa, pero ten que ser e si é polo ben meu e polo de todos, estupendo", comenta ​Maite Castiñeiras, veciña de Padrón. 

Se todo vai ben, este domingo podería volver o mercado a Padrón.

 "Os domingos aquí no mercado de Padrón que estea pechado que non poida vir tanta xente de fóra isto é unha perda moi grande, unha tristura, unha desolación", conta ​Enzo Fernando, veciño de Padrón.

Noticias web

19/05/2021