CRTVG

Buscar

Padrón mellora a situación, despois de nove días de peche

Publicado o 17/05/2021 14:58

"Está todo pechado, non podemos facer nada máis sentar ao fresco, se non chove". "Unha vila pantasma, que lle imos facer". "Se viñeses onte, o mercado non valeu nada". "Só veño comprar o pan, non se pode facer máis".

Ese é o ambiente que atopamos en Padrón nun día festivo e con máximas restricións. Pecháronos despois de que un forte gromo en Herbón disparara a incidencia. Os máis prexudicados foron hostaleiros coma Cruz, que servé café para levar entre os poucos que pasan.

"Ao estar perimetrados, non pode vir xente de visita, nin de paseo, algún peregrino perdido que pasa, pero nada, todo está baleiro e moi triste".

Triste como a situación que describe Ángel, que ademais de ter o restaurante pechado ve como a xente cancela as reservas na súa pensión, porque os peregrinos pasan pero non quedan.

"É difícil manterse no tempo, se hai máis recaídas estaremos cun problema grave".

Din que cómpre ser prudentes, porque aínda quedan 29 casos activos no concello, pero a incidencia baixou e desexan que as restricións baixen cara á fin de semana.

"A verdade, foi unha pena, que nos pecharon xusto cando acabou o estado de alarma, eu agrado que si, que para a semana teñamos algo máis de liberdade".

A resposta terana na próxima reunión do comité clínico, o mércores pola tarde. Mentres, seguirán sendo unha das tres illas pechadas no mapa de Galicia.

Noticias web

17/05/2021

Máis sobre Padrón