CRTVG

Buscar

Pacto de mínimos entre PSOE e Podemos

Publicado o 06/10/2018 21:25

O PSOE e Unidos Podemos terían a estas alturas un acordo de mínimos sobre os presupostos para o ano vindeiro. Fontes próximas ás dúas formacións indican que foron Pedro Sánchez e Pablo Iglesias os lle deron o visto e prace nunha conversa telefónica recente. Hai que matizar que o que se vai enviar a Bruxelas antes do día 15 non é máis ca un esbozo que traza as liñas xerais das contas estatais seguindo os prazos fixados pola Unión Europea.

Esa cifras constitúen unha especie de desiderátum e o proxecto de presupostos tería que ser tramitado posteriormente pola vía parlamentaria. Desde o PSOE insisten en que, se finalmente non se aproban, o Goberno "seguirá adiante".

O acordo, supervisado polas ministras de Facenda e de Economía, ten un cariz netamente expansivo canto a gasto social. Dáse por descontado o pacto básico entre o PSOE e Podemos e, como eles mesmos din, "a pelota quedaría no tellado dos nacionalistas cataláns e vascos".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2018