CRTVG

Buscar

Paco Zas ratifica a Anquela e a Carmelo del Pozo

Publicado o 30/09/2019 21:12

O presidente do Deportivo, Paco Zas, compareceu publicamente esta tarde para amosar o seu apoio ao seu director deportivo, Carmelo del Pozo, e ao técnico Juan Antonio Anquela. A bancada de Riazor apupou onte no partido ante o Mirandés á directiva polo rendemento do equipo.

O presidente herculino asegurou a continuidade do adestrador salvo nunha circunstancia: "Vouche ser sincero, se nos gañan 6-0 e 6-0 Anquela non seguirá".

Ademais Paco Zas sinalou que Anquela non puido desenvolver o seu traballo do mellor xeito posible polas circunstancias do mercado: "Sería totalmente inxusto tomar unha decisión sobre el porque traballou nunhas condicións que non son as óptimas, xa non digo óptimas, que non son coas que un adestrador debe traballar. 

Tamén se referiu o mandatario coruñés ao labor do seu director deportivo, Carmelo del Pozo: "Para min Carmelo, cuxo traballo estiven observando, analizando o seu traballo durante todo este tempo podo dicir del que é unha persoa honesta, que é unha persoa moi traballadora, qué é unha persoa que deu a cara polo Deportivo eu incluso diría que a deu de máis".

O Deportivo está en posición de descenso pero o presidente amosou a súa ambición: "Conseguimos, así o creo eu e así llo estou esixindo ao equipo e esíxollo tamén ao adestrador, por suposto, que as nosas aspiracións sexan máximas. O obxectivo do Deportivo para min debe estar e coma mínimo xogar a fase de ascenso".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019