CRTVG

Buscar

Paco Zas, o presidente máis breve dos últimos 60 anos

Publicado o 10/12/2019 16:33

Paco Zas chegou á presidencia do Deportivo tras a marcha de Tino Fernández. A de Zas foi a candidatura que gañou na asemblea de accionistas celebrada o 28 de maio deste ano, e á que chegou cun lema de campaña que se intúe ás costas do seu equipo pero que resultou tan efémero como ambicioso: Estabilidade para medrar. Zas gañou as votacións dos accionistas fronte a Fernando Vidal e converteuse no 43 presidente do Real Club Deportivo sabedor de que o seu reto estaba no campo, nos resultados. De salvar ao equipo da desaparición xa se ocupara o seu antecesor.

Aquel mesmo día da súa elección Zas confirmou a Carmelo del Pozo como director deportivo, pero non o fixo co adestrador, Jose Luis Martí quen substituíra a Natxo González e acabou levando o equipo a unha friustrante fase de ascenso na que o Mallorca levantou un dous a cero de Riazor. Volta a comezar, na Segunda.

O presidente supera o transo de non ascender e mantén a Del Pozo na sala de máquinas. Chegaron novas fichaxes, dous novos adestradores e uns resultados pésimos no que vai de temporada: dezaoito xornadas sen gañar e pechacancelas, coa afección moi enfadada coas decisións de carácter deportivo tomadas e co mercado de inverno ás portas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019