CRTVG

Buscar

Paco Zas: "Non é momento de que ninguén baixe do barco"

Publicado o 22/10/2019 21:56

• O consello tentará reverter a situación do Deportivo mantendo a confianza tanto no director deportivo coma no adestrador

Tres horas de reunión, Paco Zas e o seus conselleiros na sede do club e finalmente ninguén se baixa do barco. O consello segue adiante e tentará reverter a situación. É o momento de estar unidos, non haberá despedimentos. Confianza máxima do Consello no equipo e no adestrador.

Na reunión decidiuse tamén que a Xunta Ordinaria de accionistas celebrarase na primeira quincena do mes de decembro. Se o equipo non mellora, poderían precipitarse os acontecementos. Pero polo de agora, Paco Zas séntese con forzas. Iso si, recoñece que todo isto está sendo moi duro.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019