CRTVG

Buscar

Paco Zas di que o Deportivo non pode permitirse fichaxes altas

Publicado o 20/07/2019 14:52

"Se temos fichas aínda elevadas fan que non podamos plantexarnos entradas que non nos podemos permitir", asegura Paco Zas, presidebte do Deportivo da Coruña en declaracións aos medios tras a visita esta mañá ao campo de adestramento de Abegondo. "Incluso pode haber sorpresas de xente que podería sair e ao final non sae. Non podiamos con Edu Expósito permitirnos o mesmo que con Rober, que marchou de balde. Agás un par de postos en que necesitamos reforzos, o cadro está perfilado. A intención é que o primeiro equipo consuma máximo 22 fichas, a proba é que hai agora bastantes xogadores co primeiro equipo. O club solicitou un informe xurídico (tras as denuncias por fraude na ampliación de capital), ese informe para nós é determinante, di que non hai irregularidade. O informe queda dentro do consello e sen máis", di Paco Zas.



 

Noticias web

20/07/2019