CRTVG

Buscar

Paco, un exemplo de esperanza para a xente maior

Publicado o 30/03/2020 16:56

Hoxe os datos falan de 153 persoas recuperadas e os maiores tamén están nesas estatísticas, a pesar de que son un grupo de risco. Onte tiñamos o exemplo de Paco, ao que vimos saír do hospital tras superar o coronavirus e antes algunha que outra enfermidade máis.

O medo é unha das características invisibles desta pandemia contra a que tamén podemos actuar. Paco sábeo porque acaba de saír do hospital de Compostela tras superar o coronavirus aos seus 77 anos. Elas e eles, maiores, dando exemplo.

Chema Faxilde, psicólogo, di que as persoas maiores teñen máis recursos para afrontar as situacións de estrés cás persoas máis novas.

É importante, polo tanto, diferenciar entre estar só e sentirse só. O primeiro é o aconsellable para evitar a infección. O segundo, hai xeitos para palialo.

"Habería que tentar manter contacto a través do teléfono ou doutro tipo de vías", engade o psicólogo Chema Faxilde.

"Se non se pode todos os días, estamos en contacto con eles un día si, un día non, por se lles fai falta algunha mediciña ou alimento", di Antonio Boimorto, de Protección Civil de Caldas.

Quedar na casa e esperar que pase o virus.

Noticias web

30/03/2020