CRTVG

Buscar

Paco Martín e Ramón Villares comparten o Premio Otero Pedrayo 2019

Publicado o 12/12/2019 21:17

Acabamos de coñecer o fallo do premio Otero Pedrayo 2019, que este ano foi convocado pola Deputación de Lugo. O galardón recaeu, de xeito compartido, no escritor lugués Paco Martín e no historiador chairego Ramón Villares.
A candidatura do literato Paco Martín, coñecido pola súa abundante obra narrativa, en especial a infantil e xuvenil, foi promovida pola propia Deputación de Lugo, mentres que a do doutor en Historia Ramón Villares foi promovida pola Deputación de Ourense e pola Fudación Otero Pedrayo.

Tamén foi candidato, a instancias da Asociación Oral de Galicia, o doutor en Filoloxía Domingo Blanco.

Noticias web

12/12/2019