Paco Amoedo recibe unha homenaxe á súa traxectoria
Publicado o 21/09/2021 20:44
Mereceida homenaxe a que recibiu todo un veterano do deporte galego, Paco Amoedo, mestre de boxeadores. Un acto organizado pola Federación Galega para recoñecer a longa traxectoria de Amoedo, quen, no seu mítico ximnasio Saudade, adestrou aos mellores púxiles que deu o país. Un busto feito con tecnoloxía 3D estará instalado na Casa do Deporte de Vigo para lembranza. Paco participou no programa da Radio Galega Convivir Deportivo que dirixe Alfonso Pardo e tivo ocasión para lembrar algunha anécdota, como a que lle sucedeu co boxeador Carlos Miguel.