CRTVG

Buscar

Pacientes e familiares queren que se coñezan as enfermidades catalogadas como raras e crónicas

Publicado o 02/03/2019 13:34

O xoves pasado, 28 de febreiro, varios monumentos, como a Torre de Hércules, a Cidade da Cultura ou a Ponte Vella de Ourense ilumináronse de verde. O motivo, intentar axudar a visibilizar as enfermidades raras, na data na que se celebraba o seu día mundial.

Estas doenzas son as que lles afectan a menos de cinco pacientes por cada dez mil habitantes, unha incidencia que pode parecer baixa, pero que en conxunto constitúe un grupo de enfermos moi numeroso. Para achegarnos á súa realidade temos con nós a Isabel Botana, responsable da área social da federación galega de enfermidades raras e crónicas, e a Chefa Carballo, que padece a síndrome de Usher, unha destas doenzas.
 

Noticias web

02/03/2019