CRTVG

Buscar

Pacientes a familias queren que a epilepsia deixe de ser un estigma social

Publicado o 24/05/2019 19:30

Día Nacional da Epilepsia, unha xornada en que os pacientes e as súas familias queren visibilizar a doenza para que deixe de ser un estigma social. De feito, a epilepsia é unha das doenzas neurolóxicas máis frecuentes, cuns 27.000 afectados en Galicia. Aquí, o hospital de Santiago é centro de referencia nacional para a epilepsia refractaria, a que non responde aos fármacos.

A Unión Galega de Epilepsia quere que esta xornada sirva para visibilizar un problema moito máis frecuente do que puidera crerse.

Porque a pesar de que na actualidade hai máis información, a epilepsia segue a ser bastante descoñecida, ao igual que a mellor maneira de actuar cando se produce unha crise comicial ou convulsión.

Das aproximadamente 27.000 persoas afectadas en Galicia, unhas 8.000 non responden aos tratamentos. O Hospital Clínico de Santiago é centro de referencia nacional para este tipo de epilepsia refractaria, e intervén cirurxicamente entre 20 e 30 pacientes cada ano. A investigación de novos fármacos e os avances en métodos diagnósticos máis precisos son algúns dos proxectos en que participan activamente neurólogos e neurocirurxiáns deste centro.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019