CRTVG

Buscar

Pachi Vázquez, máis preto de ser xulgado por prevaricación ao non prosperar os seus recursos

Publicado o 25/09/2019 22:04
Pachi Vázquez, máis preto de ser xulgado por prevaricación ao non prosperar os seus recursos

O que fora secretario xeral dos socialistas galegos, Patxi Vázquez, podería ser xulgado de xeito inminente por un delito de prevaricación. A Audiencia Provincial de Ourense acaba de rechazar os recursos que se presentaron. A xuíza que o investiga polas presuntas contratacións irregulares cando era alcalde do Carballiño mantén que hai indicios do delito. Sostén que Vázquez puido contratar 60 traballadores sen atender os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade. Investigados tamén por este delito de prevaricación están, ademais, do ex-líder do PSdeG, o tamén ex-alcalde Carlos Montes e dous ex-concelleiros.