CRTVG

Buscar

Pachi Vázquez non desbota presentarse ás autonómicas e cualifica os socialistas galegos de sucursal de Madrid

Publicado o 29/08/2019 14:29

Centrado na política local pero sen deixar de mirar ao Goberno galego. Pachi Vázquez non desbota presentarse ás autonómicas. Di que os contactos xa comezaron. 

 "Ir tecendo unha rede en toda Galicia se se unisen formacións minoritarias ou en crecemento, ao mellor habería unha posibilidade de dar unha alternativa autonómica".

Acusa os socialistas galegos de converterse nunha sucursal de Madrid: "O PSOE ten que deixar de ser sucursal do PSOE madrileño e ser un partido propio de Galicia. Hai que remar moito para desbancar o PP e vexo que os actuais dirixentes sentaron no barco Pedro Sánchez deixando que a marea os leve".

O que fora secretario xeral dos socialistas galegos asegurou que a actual política de esquerdas habilita en Galicia a entrada dunha nova formación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019