CRTVG

Buscar

Pachi Vázquez denuncia "purgas" no PSdeG e advirte de que pode haber listas alternativas

Publicado o 08/01/2019 15:06

O ex-dirixente socialista Pachi Vázquez pide integración para que non se presenten candidaturas alternativas ao PSdeG nas municipais. En declaracións á Radio Galega, avisou de que a decisión dun grupo de socialistas de presentar candidaturas alternativas en varios municipios ourensáns dependerá de se se continúa, dixo, na purga e no sectarismo. Asegurou que os críticos non darán ese paso se se suma dentro para gañar fóra.

Sobre este asunto, o secretario xeral do PSdeG dixo que non quere entrar en argumentos persoais que buscan, asegurou, a confusión pública. Gonzalo Caballero insistiu en que o seu partido é participativo e que os procesos de primarias deixaron cualquera decisión en mans das bases.

Noticias web

08/01/2019