CRTVG

Buscar

Pachi Vázquez asina un acordo con Recortes Cero e Os Verdes para ir xuntos en Ourense

Publicado o 21/02/2020 17:36
Pachi Vázquez asina un acordo con Recortes Cero e Os Verdes para ir xuntos en Ourense

A formación impulsada polo ex-secretario xeral do PSdeG Manuel Pachi Vázquez, Espazo Común, pechou un acordo de coalición para as eleccións autonómicas con Recortes Cero e Os Verdes para a provincia de Ourense. Diso informou a organización nun comunicado, enque destaca que se afianza "con paso firme" o proxecto lanzado por Espazo Común para pelexar porque a provincia de Ourense teña presenza e capacidade de defender os seus "pisados dereitos".

"O obxectivo é claro: que, como mínimo, 10.000 dos 300.000 habitantes da provincia tomen conciencia de que é xa tempo de que Ourense decida", subliñan na organización fundada por Pachi Vázquez. 

 

Noticias web

21/02/2020