Pablo Rey gaña a subida á Saleta
Publicado o 16/04/2019 17:30
O Carballiño recuperou a Subida á Saleta despois de seis anos de ausencia, unha cita con moito público e cos vehículos de fórmula preparados de maneira especial para o evento.
Os fórmula dominaron a Saleta co ourensán Pablo Rey, que foi o triunfador absoluto, e co pontevedrés Adrián Viéitez, que ocupou a segunda praza.
A destacar a brillante actuación de Alberto Meira co seu Citroën. Rematou no podio.
Meira non é dos habituais, pero a recuperación dunha proba de tanto prestixio motivouno e presentouse no Carballiño.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 13:38
16/01/2021 10:52