CRTVG

Buscar

Pablo Rey alcanza os 100 goles no Racing

Publicado o 22/04/2019 18:04

De Benzema fai Pablo Rey Cabarcos no Rácing de Ferrol. Domingo vinte e un de abril. Unha tarde para a historia. Pablo Rey márcalle dous goles ao Boiro e alcanza os cen tantos como racinguista. Superou a Pazolo e recibiu a ovación do estadio ferrolán.

Non é un dianteiro de manual, pero é un futbolista goleador. Pasarán os anos, as temporadas, e aparecerá con frecuencia o nome de Pablo Rey. Retirado, agardará por quen supere o seu rexistro, que estará moi por riba dos cen goles. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019