CRTVG

Buscar

Pablo Marí apela á calma no Deportivo

Publicado o 08/01/2019 19:16

E que pasa no Deportivo? Hai intranquilidade? Para o central Pablo Marí non pasa nada. O concepto crise non entra no vestiario. Marí cre que o Deportivo volverá ao camiño dos triunfos. O Deportivo ocupa a terceira posición a dous puntos do ascenso directo, pero non aproveitou os erros dos seus adversarios.

Pablo Marí: "Cando falan de crise, son opinións e débense respectar porque cadaquén é libre de dicir o que queira. Evidentemente, gustaríanos gañar cada semana, pero cando non se pode o importante é intentalo ata o final e o equipo estao facendo. Eu coido que os resultados van volver chegar. Estou seguro. Teño confianza plena neste equipo".

Noticias web

08/01/2019