CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias "volve tenderlle a man" a Sánchez e pídelle que copie o modelo de goberno italiano

Publicado o 11/09/2019 11:03
Pablo Iglesias "volve tenderlle a man" a Sánchez e pídelle que copie o modelo de goberno italiano

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, volveu "tenderlle a man" este mércores ao líder socialista, Pedro Sánchez, para alcanzar un acordo que permita unha coalición, e pídelle que copie o modelo italiano, onde o PD alcanzou un acordo para gobernar en coalición co movemento Cinco Estrelas.

"É preferible sempre un Goberno de coalición antes que repetición electoral", indicou.

Durante o pleno no Congreso, en que Sánchez deu conta dos últimos consellos europeos, Iglesias propuxo que sobre a base das propostas de ambos os partidos de xullo senten a negociar, e lembra que aínda que non será satisfactorio para ningunha das dúas formacións, "gañaría a cidadanía española".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí