CRTVG

Buscar

Iglesias volve defender entrar nun goberno de coalición tras a audiencia co rei

Publicado o 06/06/2019 15:57

Hoxe remata a rolda de consultas do Rei para a investidura do presidente do Goberno. O probable candidato, Pedro Sánchez, pecha as audiencias ás seis da tarde.

Esta mañá pasou pola Zarzuela o líder de Podemos, Pablo Iglesias, que volveu defender entrar nun goberno de coalición.

O presidente de Vox reiterou o seu non a Pedro Sánchez e a reunión máis longa foi coa deputada de Junts per Catalunya, Laura Borrás.

A representante de Junts presentouse ante a Rei como a voz dos deputados en prisión. Entregoulle unha carta de Jordi Sánchez e falou de presos políticos. Confirmou, ademais, que os tres deputados en prisión non renunciarán ás actas, polo que facilitan a investidura ao contar como abstencións, pero a súa intención é non apoiar a Sánchez.

Vox considera unha anomalía democrática que o Rei reciba deputados independentistas e reafirmaron o NON a Sánchez.


Por Unidas Podemos acudiron Jaume Asens, de En Comú, e Pablo Iglesias. Defenderon ante o Rei entrar nun goberno de coalición.

Case todos os portavoces lle reprochan a Sánchez que aínda non comezara as negociacións. Respondeulles a vicepresidenta.

Pedro Sánchez será recibido polo Rei ás seis. Antes tamén pasarán por Zarzuela Rivera e Casado.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/06/2019