CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias renuncia ao seu escano no Congreso para concorrer ás eleccións madrileñas

Publicado o 25/03/2021 16:51

As mocións de censura de Murcia e Madrid tiveron as súas consecuencias no Goberno de España, pendente de remodelación.

Hoxe Pablo Iglesias renunciou ao escano do Congreso. A decisión terá efecto a partir de mañá. Onte foi a súa última intervención como deputado.

Antes do 31 de marzo terá que deixar tamén o Goberno, cesar como vicepresidente e ministro para poder concorrer ás eleccións de Madrid como candidato de Unidas Podemos.

Noticias web

25/03/2021