CRTVG

Buscar

Pablo Iglesias recrimínalle a Pedro Sánchez que queira "ou eleccións ou negociar no último minuto"

Publicado o 31/08/2019 21:36

As diverxencias con Unidas Podemos evidenciábanse novamente esta semana no Congreso, pero desde o executivo insisten en pedir o seu apoio para evitar novos comicios. Será o vindeiro martes cando coñezamos a proposta programática dos socialistas. As reunións cos partidos non están previstas ata a segunda semana de setembro...
"E agora imos facer unha proposta programática, por tanto espero que haxea un goberno en España nas vindeiras semanas poruqe tanto Podemos como PP e C's teñen sen dúbida unha oportunidade para actuar de maneira responsable", dixo o Ministro en funcións de Agricultura

Pablo Iglesias sacou o calendario e non lle dan as contas. A través de Twitter, recriminoulle hoxe a Pedro Sánchez que non contactase con Podemos en agosto e pospoña a reunión ata o día 10.
Iglesias pregúntase se Sánchez quere eleccións ou pretende negocialo todo no último minuto... e engade: "é isto responsable?".

Desde o PP, Pablo Casado, durante unha visita á localidade abulense de Navas do Marqués, afectada polas tormentas, dicía que o presidente en funcións non ten interese en formar goberno e proxecta a responsabilidade na oposición. "O PP non pode facilitar un goberno de esuqerdas e progresista. E terá que explicar aos seus votantes porqué o que foi capaz de facer en 7 comunidades autónomas, en 10 capitais de provincia ou en dez deputacións non é válido a nivel nacional", asegurou Pablo Casado


Desde Ciudadanos aseguran que se van manter firmes no non a Pedro Sánchez.
"Nós xa dixemos aos nosos votantes o que imos facer cos nosos votos e hai que cumprir cos compromisos electorais por tanto ímonos manter firmes no non", asegurou Begoña Villacís.
E engade "non entender" a xestión que están a levar a cabo os socialistas de cara a unha investidura.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/08/2019