Iglesias pide o voto para poñer en práctica políticas sociais que non fan os outros
Publicado o 20/04/2019 15:33
O deputado de En Común Unidas Podemos Alberto Rodríguez acompañou os candidatos galegos nun acto en Pontevedra. Iolanda Díaz asegura que o seu partido é o único que pode defender os dereitos da cidadanía porque non ten débedas cos poderes económicos.
Pablo Iglesias estivo hai unha hora en Miranda de Ebro. Pediu o voto para poñer en prácticas políticas sociais, algo que, segundo el, non fan os partidos grandes. Como exemplo falou das obrigas que habería que impoñer aos bancos.